ECOHORTAS MUNICIPAIS

As veciñas e veciños da Coruña, a través dun proceso participativo impulsado polo Concello da Coruña, sacaron adiante un ilusionante proxecto de creación e xestión de ECOHORTAS urbanas co que fomentar prácticas de agricultura exclusivamente ecolóxica e xerar na cidade novas formas de lecer e espazos de convivencia. Estas ECOHORTAS non están destinadas a unha finalidade económica. O seu espírito é o de promover o uso e goce do espazo público como un lugar de integración social e cultural, así como tomar conciencia da importancia da xestión medio ambiental nas contornas urbanas e establecer vínculos entre as persoas e a natureza.

ONDE ESTÁN

As ECOHORTAS municipais teñen unha clara vocación educativa e integradora, polo que, ademais do seu uso particular, certo número de parcelas reservaranse para a xestión colectiva por parte de centros de ensino, asociacións sen ánimo de lucro e outros colectivos. Así mesmo, en todas as zonas habilitaranse parcelas adaptadas para persoas con mobilidade reducida. As ECOHORTAS están situadas nas zonas do Agra do Orzán, Novo Mesoiro e o parque de Eirís

PERSOAS E ENTIDADES BENEFICIARIAS

As ECOHORTAS póñense a disposición dos veciños e veciñas que realicen a súa solicitude de uso e cumpran unha serie de requisitos esixidos para a súa adxudicación.

Descarga aquí toda a información que necesitas e o modelo de solicitude que debes presentar para participar no proceso de adxudicación. O prazo de solicitude remata o 12 de marzo.

COIDA DA TÚA PARCELA

NORMAS DE USO DAS ECOHORTAS MUNICIPAIS
As entidades e persoas adxudicatarias das parcelas deberán cumprir con certas obrigacións de uso de tal modo que se respecte o espazo común onde están situadas e a convivencia entre usuarias e veciños. Descarga aquí as normas de uso das ECOHORTAS municipais e os valores que representan.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES FORMATIVAS

Ao longo do 2018 se propondrán unha serie de actividades formativas vinculadas á xestión das ECOHORTAS. Consulta nesta páxina as novidades e estate pendente das redes sociais da Concellería de Medioambiente en Facebook e Twitter de @corunasostible

PRÓXIMAS ECOHORTAS

LOCALIZACIÓN E NOVAS BASES DE ADXUDICACIÓN
Ao final do 2018 prevese unha nova ECOHORTA no Parque de Oza. A súa posta en marcha requirirá dun novo proceso de adxudicación. Terás toda a información nesta páxina e nas redes sociais da Concellería de Medioambiente @corunasostible

LISTAXE DE ADXUDICACIÓNS

Por parte do Servizo de Medio Ambiente estase a tramitar expediente para o uso das hortas urbanas nas zonas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e o parque de Eirís, de acordo co disposto nas bases reguladoras da convocatoria, publicadas no BOP do 16 de febreiro de 2018.

Relación provisonal de persoas admitidas e excluídas para á concesión de autorizacións para o uso das hortas urbanas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e parque de Eirís

Concello da Coruña. Concellería de Medio Ambiente - medioambiente@coruna.es - 010 / 981 18 43 37